Visitas

Coñeza os nosos viñedos

Dende Torroxal sempre quixemos transmiti-la nosa paixón pola viticultura, intercambiando diferentes ideas e puntos de vista con persoas que apostan pola innovación, tomando como exemplo, ante todo, o noso pasado. Therefore, temos en conta valores tan esenciais coma: respecto polo medioambiente, o coidado da planta en todo momento, sendo conscientes, a súa vez, de que, na obtención de viños de gran calidade, a dedicación e esmero do cultivo da vide xogan un papel esencial.
Damos pois, a nosa máis calurosa acollida, ofrecendo visitas ós nosos viñedos e entorno, a quen comparte este entusiasmo e a todos aqueles que teñan especial interese e curiosidade por coñecer as nosas tradicións, o noso modo de entender a viticultura e en definitiva, a nosa filosofía baseada, tras longos anos de pescudas e experimentación, na recuperación das variedades autóctonas propias do val do Rosal.

Traballar nesta liña foi sempre o noso obxectivo principal e o que nos animou a seguir apostando polo que verdadeiramente nos identifica e distingue.

Por estes e outros motivos, cremos que establecendo vínculos persoais a través de visitas guiadas, podemos facer partícipes ós demais da exaltación e culto ó pasado que Torroxal propón nos seus caldos.

Viñas do Torroxal, s.l. Avda. Ordóñez, 10 - 36750 Goián - Pontevedra / Tlf.: +34 986 621 359 - Fax: +34 986 621 340 - L.S.S.I.