Red Torroxal

Variedades e Terruño

  • Caiño tinto, Sousón, Brancellao, Castañal e Pedral das fincas propias de Figueiró (17ha) e Estás (10ha).
  • Viñas de 10 anos, cultivadas en espaldeira de alta densidade de cepas.
  • Terreos en pendente orientados ó Sur, duros e pedregosos.
  • Solos Franco-Areosos pouco profundos de esquistos de cuarzo e pizarras con cantos rodados a nivel superficial.

Vendima e Elaboración

  • Vendima manual e escalonada por sectores en caixas de plástico de 18 Kg.
  • Despalillado total da uva con maceración prefermentativa en frío (10-12ºC) favorecendo a extracción de cor e a intensidade aromática (froitas vermellas do bosque).
  • Fermentación alcohólica de 15 días a 24-26ºC e retirada anticipada dos hollejos para suaviza-lo aporte tánico. Remontados diarios e trasfegas ata tino de madeira onde realiza fermentación maloláctica a 20ºC. Embotellado 5 meses antes da súa saída ó mercado.

Cata e Servizo

  • Vermello granate purpúreo con bágoa densa que colorea o cristal da copa.
  • Aroma limpo, profundo e expresivo. Aluvión de froitas vermellas do bosque maduras (moras, grosellas e cereixas) xunto a unhas elegantes notas florais (violetas) sobre un fondo balsámico de especias doces, froito do seu paso por madeira.
  • En boca amosa unha estructura firme, de nobre tanino con madeira ben integrada e un postgusto frutal que lle da profundidade. Viño que divirte en boca, que se recorda e que pide abrirse con antelación para que destaque a súa froita.
  • Servir a temperatura de 14-15 ºC.


Viñas do Torroxal, s.l. Avda. Ordóñez, 10 - 36750 Goián - Pontevedra / Tlf.: +34 986 621 359 - Fax: +34 986 621 340 - L.S.S.I.