Rosal Torroxal

Variedades e Terruño

  • Albariño (85%), Caiño (10%) e Loureiro (5%) sobre patrón 196-17C.
  • Viñedos propios en Finca Goián (20 ha).
  • Cepas de 25 años, cultivadas en parra a 3x4 m2.
  • Terreos graníticos pouco profundos e de baixa fertilidade.

Vendima e Elaboración

  • Vendima escalonada e manual en caixas de plástico de 20 Kg.
    Control de rendementos (máx. 5000 kg/ha) para busca-la concentración da uva. Uva totalmente despalillada con maceración prefermentativa en frío en prensa.
  • Control de temperatura (16ºC) en fermentación alcohólica con crianza sobre lías en depósito inoxidable durante 4 meses. Crianza en botella de 1 mes antes de saír ao mercado.

Cata

  • Cor amarelo pajizo con escintileos verdosos, limpo e brillante, con finas burbullas de carbónico integradas dando frescor.
  • No nariz amósase intenso, expresivo e transmite unha gran frescura. Aromas de froitas de óso (albaricoque e melocotón) sobre un fondo vexetal (retama e laurel). Aroma complexo de gran profundidade, fiel reflexo da madurez da uva e da súa elaboración pausada sobre lías finas durante 4 meses.
  • En boca garda o seu gran tesouro, no sabor e na textura. É un viño que arroupa, de tacto acariciante grazas ás finas burbullas do seu carbónico natural. Sensacións de amplitude e notas balsámicas da súa saborosa acidez que lle confiren unha gran frescura e un leve toque amargoso ao final. Viño con vocación singular que se recorda en boca.
  • Servir a temperatura de 7-9ºC.


Viñas do Torroxal, s.l. Avda. Ordóñez, 10 - 36750 Goián - Pontevedra / Tlf.: +34 986 621 359 - Fax: +34 986 621 340 - L.S.S.I.