TORROXAL nace en 1998 coma froito do proxecto común
dun grupo de recoñecidos e sabios viticultores da zona, que compartían
dende sempre un mesmo soño: elaborar viños de gran calidade
e potencialidade con variedades autóctonas do val do Rosal.
A súa principal motivación era o recordo daqueles brancos,
fiel recompensa do coupage da apreciada uva albariño mais os seus
grandes compañeiros de viaxe, o loureiro e o caíño,
así coma o gusto e o aroma dos tintos do Rosal, elaborados con castes
nobres locais coma o brancellao, sousón (tamén coñecido
coma retinto), caíño tinto, castañal e pedral. Viños
case desaparecidos, pero aínda non esquecidos.
Por esta razón, dende o primeiro momento, tiñan
claro que para alcanzar a meta proposta sería necesario ter uvas
propias, coidadas e mimadas día a día. Deberían ser
variedades adaptadas ó terreo e á climatoloxía da rexión.
Con este gran designio en mente, á produción
dun Albariño de gran singularidade engadíuselle a recuperación
de variedades case desaparecidas, creando deste xeito un dos primeiros tintos
con D.O. Rías Baixas.
Rías Baixas é branco pero tamén o
rexurdimento dun gran tinto.