A Denominación de Orixe Rías Baixas
hoxe en día unha das máis emblemáticas do noso país,
abrangue un conxunto de zonas de Galicia, que teñen unha serie de
condicións físicas comúns que identifican e orixinan
as características dos seus viños. Estas cinco subzonas ben
diferenciadas son: Ribeira do Ulla, Val do Salnés, Soutomaior, Condado
de Tea e O Rosal.
O val de O Rosal atópase no sudoeste da Comunidade
galega e sobre a marxe dereita do río Miño, fronteira natural
coa nosa veciña Portugal. Ademais da impoñente Serra
do Argallo, que protexe o val dos ventos do norte, destacan aquí
os campos de cultivo nos que frutais, hortalizas e viñedos fúndense
en harmonía coa paisaxe, outorgándolle un particular encanto.
Célebre polo seu especial microclima, con temperaturas
suaves durante todo o ano grazas á súa privilexiada situación
xeográfica e influenza atlántica, O Rosal representa todo
un referente no mundo vitivinícola.
É aquí onde os viños están personalizados por
levar na súa composición, ademais da nosa reputada uva Albariño,
outras variedades coma o “loureiro” e “caíño
branco”. Viños de intensos aromas e lixeira
acidez, plenos en boca, agradables e atractivos que non pasan desapercibidos
ante os padais máis esixentes.