
Para conseguir as mellores castes tintas desenvolveuse un duro traballo
de I+D durante máis de cinco anos, debido ós escasos estudos
vitícolas ata esas datas realizados sobre estas variedades.
Torroxal asegurouse da sanidade
das cepas máis vellas ó recoller mostras e verificou que o
viño obtido tiña potencial de envellecemento..
Todas as cepas foron plantadas seguindo un sistema innovador,
para conseguir unhas uvas con maior grao e estrutura. Non se labrou
o campo nin se fixo ningún movemento de terras. Limpáronse
2 terreos de monte (27 hectáreas) e coa axuda de grandes trades e
brocas, fixéronse buratos na mesma roca para inxertar os patróns.
Ó ser a roca esquisto, branda polo tanto, o sistema radicular corría
polo seu interior. Con isto, pretendeuse conseguir máis calor para
a planta que axudase á maduración da uva. Ademais,
a drenaxe natural e capilaridade do terreo, a rápida filtración
das chuvias e o coidado natural ó manter o entorno e a orografía
intactos, sitúa a Torroxal como unha empresa respectuosa co medio
ambiente.
Uvas autóctonas cultivadas en terreos en pendente
a 150 metros sobre o nivel do mar, aireados e con poucos problemas de sanidade
da uva.