Cepas Vellas de mais de 25 anos, cultivadas en parra a 3x4 m2.
Terreos graníticos pouco profundos e de baixa fertilidade.
Vendima e Elaboración
Vendima escalonada e manual en caixas de plástico de 18 Kg. Control
de rendementos (máx. 5000 kg/ha) para buscar a concentración da uva.
Uva totalmente despalillada con maceración prefermentativa en frío en
prensa.
Control de temperatura (16ºC) en fermentación alcohólica con crianza
sobre lías en depósito inoxidable durante 4 meses. Crianza en botella
de 1 mes antes de saír ó mercado.
Cata
Cor amarelo palla con escintileos verdosos, limpo e brillante, con
finas burbullas de carbónico integradas dando frescor.
No nariz amósase franco e intenso. Atractiva expresión frutal que
vai dende a froita con óso (níspero e ameixa claudia), ós cítricos (pomelo)
e a froita tropical (piña) sobre certo fondo herbáceo. Aroma complexo
froito da madurez da uva e da súa elaboración pausada sobre lías finas
durante 4 meses.
Na boca amósase potente, saboroso, con notable acidez, fresco e vivo.
Destaca certa untuosidade e moi bo percorrido en boca con sensacións
moi frutais: cítricos, melocotón, ameixa branca sobre fondo de retama.
Elegante final amargoso, certa profundidade e persistencia.